Vive unha experiencia única, disfrutando das vistas das illas dende o mar.
Ycies anímate a disfrutar dun tour guiado con asistencia que permitirare coñecer a orografía, flora e fauna das illas.
Contamos cun equipo profesional de primeiro nivel, tanto en embarcacións coma en seguridade.
As saídas realizaránse diariamente ás 12:00 e ás 16:00. Para os visitantes de día que queiran realizar o noso tour, recomendámoslles que collan algún dos primeiros barcos da mañá (9:00h,9:30h ou 10:15h).
Queres gozar dunha experiencia que recordarás toda a vida nun lugar de soño?
O Club de Snorkel Illas Atlánticas propón descubrir o fondo mariño do Parque Nacional.
Aproveita para bañarse en augas cristalinas onde conviven máis de 100 especies mariñas. Temos todo o equipo para que o pasedes xenial!
Non se fan reservas, a actividade contratase directamente na recepción do camping.
A actividade está dirixida aos campistas e aos visitantes diarios
As saídas son ás 12 e ás 17 h
Para osvisitantes diarios que queran realizar a actividade, cómpre que collan o barco de primeira hora da mañá, ás 09:00 h, 09:30h ou 10:15 h
Traxe de algodón, aletas, tubo, lentes e chumbo. Duración: 2 a 3 horas Prezo por persoa: 30€
Aquí tedes unha mostra que nos mostrou Glendor do que nos podemos atopar nunha noite nas Illas Cíes...
Starlight
Rutas nocturnas de observación astronómica
O Parque Nacional foi seleccionado como destino “Starlight”, denominación que reciben alguns lugares pola súa pouca contaminación lumínica, localización, grao de contaminación…
Se as condición meteorolóxicas son axeitadas, cada noite o cámping realiza unha actividade na que unha guía con coñecementos de astronomía explica as esquecidas marabillas do ceo. Ensinarate a orientarte e a recoñecer as estrellas máis brillantes, os planetas, as constelacións principais, as súas historias e toda a maxia que agocha a bóveda celeste. Ten unha duración aproximada dunha hora e está pensada para todos os públicos, xa que tanto menos como maiores aprenderán a viaxar polas estrellas.
Unha actividade didáctica e interactiva na que vos sentiredes protagonistas, o que a fará inesquecible.
Prezo da actividade: 10 €.
Menores de 10 anos: gratis.
Os nenos precisan ir acompañados dun adulto.
Actividades Infantís
O noso camping é idóneo para unhas vacacións en familia
Un dos mellores atractivos das nosas instalacións é a zona de actividades infantís. Cada día, o noso equipo de animación planifica unha amplia variedade de actividades gratuitas para que os máis pequenos se divirtan e aprendan de forma dinámica e educativa.
Dende emocionantes xogos ao aire libre hasta talleres de creatividade, comprometémonos a brindar experiencias que non só entreteñan, senón que tamén estimulen o desenvolvemento integral dos nenos e nenas. Procuramos inculcar valores de compañerismo, exploración e respeto pola natureza.
Horario das actividades
Fins de semana de xuño e diariamente dende o 21 de xuño ata o 8 de setembro.
Mañáns: 10:00 a 12:30 Tardes: 19:00 a 21:00
(Estos horarios poderán ser adaptados en función das condición meteorolóxicas)
A principal e máis atractiva actividade que se pode facer na illa é o sendeirismo. Existen varias rutas marcadas onde podemos descubrir as paisaxes e as áreas de interese da flora e da fauna. É recomendable mercar un folleto informativo do parque no posto de información que atopamos ao chegar á illa. Alí tamén poderemos obter información e, se están dispoñibles, inscribirse en diferentes rutas guiadas que ofrece o persoal do parque.
Tamén é posible realizar a actividade cunha guía de acampada.
É importante respectar as normas do parque en todo momento para non perturbar a flora e fauna existentes, como non deixar as rutas establecidas para visitas ou acceder ás áreas protexidas das dunas, lago e áreas de nidificación. < ! - A continuación explicamos as diferentes rutas que podes realizar ->
Praias
As illas, pola súa especial ubicación e morfoloxía, albergan praias de area fina con augas turquesas. A praia de Rodas é a principal, pero hai outras praias non menos bonitas para gozar. Aquí tes unha breve explicación de cada un deles:
Margaridas: Un pouco lonxe, pero ideal se queres estar só na praia.
Cantareira: Pequena enseada formada por cantos rodados, preto do campo de traballo.
Figueiras: Praia nudista, as árbores ofrecen zonas sombrías para os días de calor.
Mixueiro e Areina: Dúas pequenas calas para aqueles que queren tranquilidade, á dereita do peirao de Rodas.
Rodas: Considerada a mellor praia do mundo, segundo a revista "The Guardian", esta praia une as illas de Monteagudo (norte) e Faro (centro). Ten unha fina area branca que se xema cando está pisada, así como augas esmeraldas cristalinas. Xunto a ela consérvanse zonas dunas naturais, que actualmente están en fase de recuperación.
Bolos: Tamén se chama "cunchas" xunto a Rodas e debe o seu nome á gran cantidade de cunchas que ten.
Nª Señora: É unha cala pequena e protexida, moi recomendable cando sopra o vento do norte.
Normas para disfrutar da zona de actividades
As nosas actividades están deseñadas para nenos e nenas a partir dos 4 anos.
É importante ter en conta que a zona de actividades non funciona como una gardería, polo que é preciso que os pais ou tutores supervisen aos nenos que participen nas actividades.
Para manter un entorno seguro e adecuado para os nenos, solicítase que os adultos non permanezcan dentro do recinto das actividades. De este xeito os nenos poderán desfrutar das actividades xunto ao noso equipo de animación.
O acceso a zona de actividades está permitido únicamente durante os horarios establecidos. Isto garantiza que todos os nenos teñan a oportunidade de participar e desfrutar das actividades nun ambiente organizado e seguro.