O camping está situado nas Illas Cíes, concretamente na illa do Faro.
O camping está situado nas Illas Cíes, concretamente na illa do Faro. As illas pertencen ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas de Galicia,, que dende o ano 2002 as considera coma unha das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños atlánticos españois.
Nas súas augas, poderemos atopar diversos tipos de fondos que acollen ecosistemas dun gran valor, así coma na súa flora e fauna, pero son susceptibles de ser alterados e danados se non se regulan de maneira axeitada as actividades que se levan a cabo na zoa protexida. E por elo polo que a actividade do camping vai encamiñada a sostibilidade do ecosistema onde se atopa e agradecemos a súa colaboración para continuar protexendo esta marabillosa paisaxe...
Goza dunha experiencia inesquecible nun ambiente único
A Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) é unha proposta para avanzar de xeito efectivo nos principios do turismo sostible nos espazos naturais protexidos. Foi elaborada por representantes dos espazos protexidos europeos e das empresas turísticas. A CETS é un xeito de traballo e un compromiso voluntario para aplicar o principios de turismo sostible, orientando ós xestores dos espazos naturais protexidos e ás empresas turísticas para definir as súas estratexias de xeito participado.
Desexamos que desfruten desta experiencia en contacto coa natureza, nós estamos encantados de poder axudarlle a conseguilo...