Desde o primeiro contacto coa páxina web ata bastante tempo despois de que se despida o último barco da tempada, hai un gran equipo humano coidando cada detalle.
Responden correos e chamadas, montan tendas, atenden na recepción, limpan, cociñan, reparan, guían e acompañan.
Persoas que, estean en primeira liña ou traballando en segundo plano, fan que todo funcione. Porque todo suma. E todo se nota.
Nos meses de maior actividade somos arredor de 50 persoas entre o camping e o restaurante. Xente moi diversa, de distintas idades, traxectorias e lugares, pero cunha cousa en común: implicación, capacidade de adaptación e ganas de tirar para adiante, creando algo especial. Algunhas persoas levan aquí moitos anos, outras chegan por primeira vez, e tamén están quen chegou un verán case por casualidade… e desde entón repite.
Cada tempada é diferente: cambian algunhas caras, cambian os ritmos, cambian as historias, pero a esencia mantense. O ambiente, o respecto, as ganas de facer ben as cousas; e iso, ao final, é o que fai que todo encaixe, o que transforma este lugar en algo moito máis especial.
If you would like to be part of our team, please send your CV along with a cover letter to [email protected]